Friday 19 de April de 2024

Bergondo continúa co proceso participativo para a redacción do seu Plan de Movilidad Sostible


· Onte, martes 21 de xuño, celebrouse na Senra un encontro coas asociacións veciñais para dar a coñecer os obxectivos do plan e recibir achegas.

· A enquisa para enviar ideas ou segurencias estará aberta ata o domingo 26 de xuño en www.plandemobilidade.com/bergondo

O Concello de Bergondo continúa levando a cabo o proceso participativo para a redacción do seu Plan de Movilidad Sostible (PMS), e onte realizou no auditorio da Senra un encontro coas asociacións veciñais para dar a coñecer os obxectivos do plan e recibir as súas achegas.

A empresa encargada da redacción do plan explicou, en primeiro lugar, o que é un Plan de Movilidad Sostible, que elementos se analizan, os problemas que se adoitan ver nos concellos en xeral e en Bergondo en particular, e logo coñecer a súa opinión e achegas que poidan ter.

O desenvolvemento do PMS servirá como ferramenta de planificación estratéxica do seu territorio a través do fomento dunha mobilidade sostible, que procure unha accesibilidade universal e implique transformar múltiples hábitos da mobilidade urbana.

A implantación de formas de desprazamentos máis sostibles (camiñar, bicicleta, transporte público) está estreitamente ligada á redución da contaminación, mellora da contorna urbana e ao impulso da inclusión social.

Para a redacción do plan, que actualmente aínda está en fase de análise, está a consultarse a todos os axentes do municipio implicados na mobilidade: arquitecto municipal, policía local, grupos que forman a corporación…

Ademais, aínda está aberta a enquisa para que, calquera veciño ou veciña de Bergondo que o desexe, poida facer achegas ao Plan de Movilidad Sostible. O cuestionario en liña, que é de carácter anónimo, pode cubrirse en www.plandemobilidade.com/bergondo ata o domingo 26 de xuño. Tamén se poden enviar ao correo bergondo@plandemobilidade.com. Unha vez finalizado o prazo de participación na enquisa en liña difundiranse, na mesma páxina web, os principais resultados.